O Museo Reina Sofía pon a disposición de empresas e institucións espazos nos que celebrar eventos corporativos e sociais, que se poden complementar coa realización de visitas privadas e exclusivas á súa importante colección de arte moderno e contemporáneo, que abarca dende finais do s. XIX ata a actualidade.
Nun marco arquitectónico incomparable, formado polos edificios Sabatini e Nouvel, é posible organizar congresos, reunións, cócteles, ceas de gala ou rodaxes en espazos de grande versatilidade.
Aluguer de espazos
O Museo dispón dun total de 11 espazos en aluguer; 3 Auditorios, a Terraza Nouvel e o Xardín Sabatini, os 2 Claustros do Edificio Sabatini, a Sala de Protocolo Nouvel, a Sala de Protocolo Sabatini, o Vestíbulo e a Sala de Patronato.
Visitas privadas
O Museo Reina Sofía abre as súas portas en exclusiva para aqueles interesados en ter unha experiencia única, co fin de desfrutar completamente en privado das obras mestras da arte moderna e contemporánea que exhiben nas súas sala
O programa de visitas guiadas está dirixido a particulares, empresas e entidades que desexen ofrecer aos seus clientes ou empregados unha oportunidade para coñecer o Museo e as súas exposicións de forma especial e preferente. Así mesmo, pódense realizar recorridos temáticos adaptados aos intereses dos asistentes (arquitectura, teatro, historia, movementos, etc.).
As visitas privadas pódense completar coa realización dunha copa, cóctel, almorzo ou cea nalgún dos espazos que o Museo aluga para estes fins, ou ser o complemento perfecto a unha reunión de traballo, congreso ou evento de empresa, que tamén se pode organizar neles.
Horarios
As visitas privadas realízanse cando o Museo está pechado ao público:
- Grupos de 9:00 a 10:00 h
- Dimarts al llarg de tot elMartes ao longo de todo o día
- Luns, mércores, xoves, venres e sábados de 10:00 a 21:00 h
- Domingos a partir das 14:30 h
Contacto
Eventos corporativos e visitas privadas
alquiler.espacios2@museoreinasofia.es