Patrocinios

O Museo Reina Sofía abre as portas á colaboración con empresas e institucións atraídas pola idea de formar parte da vida do Museo axudando así a cumprir co seu proxecto e programa museístico. As variedades de colaboración e os seus graos varían en función da empresa, deseñándose e acomodándose de maneira específica á propia filosofía da institución. Para iso o Museo Reina Sofía ofrece varias vías de colaboración nunha gran diversidade de temas, tales como a conservación e restauración das coleccións, a organización das exposicións temporais e o desenvolvemento das actividades culturais ou dos programas educativos. A finalidade última é proporcionar un servizo de calidade ao visitante, ofrecéndolle as claves para chegar a un maior coñecemento, apreciación e desfrute da contemporaneidade artística.

Contacto

Área de Desenvolvemento Estratéxico, Comercial e Públicos

Tel. (+34) 91 774 11 22
patrocinio@museoreinasofia.es