Entrada gratuíta con acreditación

Recollida de entradas nas taquillas do Museo tras presentar o documento oficial acreditativo válido en cada caso e debidamente actualizado, que reflicta de forma visible o período de validez ou data de caducidade.

No caso de que os documentos non inclúan fotografía deberase mostrar o DNI ou o pasaporte.

  • Menores de 18 anos
  • Maiores de 65 anos
  • Estudantes entre 18 e 25 anos de calquera titulación (recoméndase aos alumnos estranxeiros presentar o carné internacional de estudantes, ISIC)
  • Estudantes maiores de 25 anos que cursen estudos de Grao e Posgrao en Belas Artes, Conservación e Restauración, Historia e Historia da Arte
  • Periodistas
  • Titulares do carné xove ou documento equivalente
  • Titulares do Abono de Transporte da Comunidade de Madrid ata a data en que se cumpren 26 anos (deberase presentar o abono e o DNI na taquilla exprés)
  • Persoa con discapacidade do 33% ou superior, de acordo co establecido no Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, ditada en aplicación do previsto na disposición final segunda da Lei 26/2011, de 1 de agosto, de adaptación normativa á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade Tamén poderá acceder ao museo de forma gratuíta a persoa que o acompañe, sempre e cando esta sexa imprescindible para que aquel poida realizar a súa visita e esta circunstancia conste na tarxeta ou resolución de discapacidade expedida ao efecto
  • Persoas en situación legal de desemprego
  • Persoal docente en activo (recoméndase aos profesores estranxeiros presentar o carné internacional de profesor, ITIC)
  • Grupos familiares integrados por al menos un adulto e tres descendentes (ou dous, se un deles ten algunha discapacidade) incluídos no mesmo título de familia numerosa
  • Guías Oficiais de Turismo
  • Persoal que presta os seus servizos nos museos adscritos ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España
  • Real Patronato do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
  • Fundación Museo Reina Sofía
  • Fundación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
  • Donantes de bens culturais ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
  • Voluntarios culturais no Museo
  • Institucións membro da confederación L’ Internationale
  • Socios subscritos ao carné ABONOTEATRO da Fundación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (do 1 ao 31 de outubro de 2023)
  • Membro do programa de fidelización do Museo
  • Membros das seguintes asociacións:

A Col·lectiva (Asociación Profesional de Artistas de Galicia)
AAVA (Asociación de las Artes Visuales de Asturias)
AAVIB (Associació d'Artistes Visuals de les Illes Balears)
Acción! MAD (Asociación Acción! MAD)
AEM (Asociación Española de Museólogos)
AICAV (Asociación Islas Canarias de Artistas Visuales)
ANABAD (Asociación Nacional de Archiveros, Bibliotecarios y Museólogos)
APROHA (Asociación Profesional Española de Historiadores del Arte)
AVA Castilla y León (Artistas Visuales Agrupados de Castilla y León)  
AVAEX (Asociación de Artistas Visuales y Asociados de Extremadura)
AVAM (Artistas Visuales Asociados de Madrid)
AVVAC (Artistes Visuals de València, Alacant i Castelló)
CIMAM (Comité Internacional de Museos de Arte Moderno)
COAM (Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid)
Consorcio de Galerías españolas de Arte Contemporáneo
GEIIC (Grupo Español del International Institute for Conservation)
IAA/AIAP (International Association of Art/Association Internationale des Arts Plastiques/Asociación Internacional de Artes Plásticas)
IAC (Instituto de Arte Contemporáneo)
ICOM (Consejo Internacional de Museos)
ICOMOS (Consejo Internacional de Monumentos y Sitios)
MAV (Asociación de Mujeres en las Artes Visuales)
PAAC (Plataforma Assembleària d'Artistes de Catalunya)
UAVA (Unión de Artistas Visuales de Andalucía)
UNION AC (Unión de Artistas Contemporáneos de España)